Novas
venres 14/08/2009
O NOITEBUS CHEGA A CARRAL
Dende o pasado día 10 de Xullo de 2009, o Concello de Carral, conta co servizo NoiteBus, subvencionado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras (www.cptopt.xunta.es), para todos aqueles usuarios que desexen achegarse a Carral sen necesidade de coller o seu vehículo, e para promover así o uso do transporte público nas noites de festa entre a xuventude.
O NoiteBus funciona tódolos venres, ademais do 5 de setembro, o 11 de outubro, o 6, 7, e 31 de decembro de 2009; e o 5 de xaneiro, 14 de febreiro, 18 de marzo e 4 de abril de 2010.
Conta con dúas viaxes, unha primeira que sae desde A Coruña ás 23 h, na que a hora aproximada das paradas é a seguinte:
23:00- Praza de Ourense, 23:05- Av. Alfonso Molina (Est. Autobuses), 23:07- Av. Alfonso Molina (Carrefour), 23:09- Av. Alfonso Molina (Gasolinera), 23:10- Alcampo, 23:12- Portazgo, 23:13- A Corveira, 23:15- Vilaboa (Igrexa), 23:17- Vilaboa (Confitería), 23:20- O Burgo (Edif. Usos Múltiples), 23:22- O Paraguas, 23:24- Urbilar, 23:25 Urb. A Barcala, 23:28- Cambre, 23:30- A Patiña, 23:32- Cela, 23:35- Lema, 23:37- Brexo (Colexio), 23:38- Cruce Andeiro- 23:40- Sta María de Vigo (Igrexa), 23:42- San Vicente de Vigo (Igrexa), 23:44- Cañás, 23:45- Carral.
E outra que sae desde A Coruña ás 00:30 h, na que a hora aproximada das paradas é a seguinte:
00:30- Praza de Ourense, 00:35- Av. Alfonso Molina (Est. Autobuses), 00:37- Av. Alfonso Molina (Carrefour), 00:39- Av. Alfonso Molina (Gasolinera), 00:40- Alcampo, 00:42- Portazgo, 00:43- A Corveira, 00:45- Vilaboa (Igrexa), 00:47- Vilaboa (Confitería), 00:50- O Burgo (Edif. Usos Múltiples), 00:52- O Paraguas, 00:54- Urbilar, 00:55 Urb. A Barcala, 00:58- Cambre, 1:00- A Patiña, 1:02- Cela, 1:05- Lema, 1:07- Brexo (Colexio), 1:08- Cruce Andeiro- 1:10- Sta María de Vigo (Igrexa), 1:12- San Vicente de Vigo (Igrexa), 1:14- Cañás, 1:15- Carral.
O regreso é ás 04:00 h e ás 06:00 h. O prezo do billete, que servirá para a ida e a volta, será de 2 euros.
Para obter máis información sobre o servizo, podes pasar pola Casa da Cultura ou chamar ós teléfonos 981 672 580 / 981 613 418
voltar



